VIVIR CON LENTES IMPLANTABLES ICL
miércoles, 24 de febrero de 2016
Tres meses atrás. 24 de Novembro 2015. Ollo dereito.
Chegada ao hospital. Para entrar a quirófano póñenme a típica bata verde, gorro e calzas. Quítanme as lentes, agarrada dunha enfermeira que a día de hoxe imaxino que sería nova pola voz lévanme a quirófano. Túmbanme na camilla, péganme un plástico na cara e recortan o ollo dereito, péganme a cabeza á camilla con cinta, colocan a vía e dánme sedación, meten una carcasa no ollo para mantelo abierto e tropezan coas pestanas (es que esta niña siempre tuvo pestañones...), volven colocar o aparello, falan, falan e falan...(que se material que se a lente está no inxector...). Agora si, comeza a aventura...xusto debaixo do ollo cravan unha agulla grande demais para o meu gusto xa que parece que me chega ata o cerebro, anestesian o ollo con anestesia local polo meu nistagmo (o ollo vibra involuntariamente e non podrían operar sen durmilo). De seguido noto como cortan o ollo, esa microincisión de 3,4 mm que sentín e me fai estremecer (máis sedación), agora xa é un non parar de gotas, algunhas parecen betadine e moito escarabellar para colocar a lente no seu lugar. Non engano...é eterno...escoitas comentarios tipo(coidado con cristalino, tes que traballar en plano, estás afeito a operar catarata e claro...) Neses momentos pensas que algo vai saír mal...Remata todo, é mellor non detallar nada máis... Salo do quirófano e miró ao redor, estou vendo a hora no reloxo...chega o meu oftalmólogo e véxolle a cara, alucinante! Unha hora máis tarde vou á súa consulta, vexo con ese ollo coma antes coas gafas e todo saíu xenial, respiro...Coidados na casa, molestias o primeiro e segundo día, botar catro tipos de gotas constantemente, visitas, bombóns e eu sorprendida por canto estou vendo. Volvín nacer, penso.
TRES MESES CON ICL
Era o meu soño por excelencia, non había nada que máis ansiase...As miñas trece dioptrías, as miñas gafas de cu de vaso, esa era a miña infelicidade. Pero fai tres meses comeza a miña desgracia real, a miña desesperación, a miña dor e falta de alento, a miña soidade....
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)